O Concello de Ourense patrocina, a través das Concellerías de Benestar Social e Cultura, o evento cultural UNI-DIVERSIDADE que se celebrará o sábado 8 de agosto en Seixalbo e que suporá o encontro de culturas e relixións, coa participación de cidadáns galegos, senegaleses, rusos e saharauis. O obxectivo do evento é potenciar a multiculturalidade e a convivencia destas diferentes culturas no seo da nosa sociedade.
A celebración destas actividades coincide coa estancia en Ourense dun grupo de nenos senegaleses e saharauis que serán partícipes activos dun programa de actividades que dará comezo ás 19 horas cun partido de fútbol no Campo da Infesta de Seixalbo e cunha serie de xogos tradicionais na Praza do Cabildo. Está programada tamén para as 20.30 horas unha degustación gastronómica dos distintos países representados, na mesma Praza do Cabildo.
Fuente: Ayuntamiento de Ourense
|