Fundación Cultural Otero Pedraio en Ourense Dirección: Pazo de Trasalba-Cimadevila Tel.: 988281139 Fax : 988281139 CP: 32172 Precio: Gratuito Web site: www.oteropedrayo.com Horarios: Inverno (outubro-abril) de martes a domingo: 11-14 h. e 16-18 h. Verán (maio a setembro) de martes a domingo: 11-14 h./17-20. Luns pechado. Descripción del museo: O Pazo Museo de Otrero Pedrayo esta situado no lugar de Cima de Vila na parroquia de Trasalba no Concello de Amoeiro, Ourense. Neste lugar a Fundación Otero Pedrayo garda a memoria do que foi patriarca das Letras Galegas. Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888 -1976) foi un personaxe principal na vida cultural e política galega durante toda a súa vida adulta. Escritor, profesor, político e editor traballou coa idea de alentar a cultura e o pais galego. Formou parte de grandes iniciativas institucionais para o desenvolvemento cultural galego coma o Partido galeguista, o Seminario de Estudios galegos, a Editorial Galaxia , institucións que aínda hoxe son referentes de traballo e coñecemento. Na visita ó Museo pódense contemplar obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca , así como a estructura tradicional dun pazo galego de principios do século XX. Os fondos están conformados a partires do legado que fixo en vida Don Ramón Otero Pedrayo a GALAXIA, das propiedades en Trasalba, incluíndo o pazo e as propiedades anexas. Os moitos accesos, debidamente sinalizados, e a situación do Pazo-Museo, permiten gozar dunhas fermosas paisaxes da Galicia interior. Fotos:
|